GIRANDO POR SALAS

06abr20:00'Debut' de Rosa RomeroESPECTÁCULOS | -20:00(GMT+02:00) Teatro Ensalle

Detalles do eventos

DEBUT é un solo onde a intérprete ou performer atravesa un acto de iniciación fronte ao público co obxectivo de ser aceptada, de ser amada a final de contas. Atravesar a porta, pasar o limiar, cambiar de corpo, espazo e estado para pasar a ser outra cousa, de sólido a líquido, de líquido a gaseoso. Esta obra, que non é máis que un acto de iniciación que adopta a forma dunha peza escénica, é un desexo de pertenza á comunidade. Como en todo acto iniciático, a iniciada, neste caso Rosa, ten que demostrar a súa valía enfrontándose á comunidade con todo o seu corpo. Se para fronte ao público (a comunidade da que depende a súa aceptación) e dilles: mirádeme.

ENTRADAS AQUÍ

Máis

Hora

6 abril, 2025 20:00(GMT+02:00)