REVISTA ABRIL

22mai20:30David Russell dará un concerto benéfico polo 30º aniversario do Banco de AlimentosCONCERTOS | Desde 5,00 €20:30(GMT+02:00) Auditorio Teatro Afundación

Detalles do eventos

O guitarrista David Russell será o artista de fama internacional que ofrecerá o concerto benéfico polo 30º aniversario da Fundación Provincial Banco de Alimentos, o próximo 22 de maio, ás 20:30 horas no Teatro Afundación de Vigo.

O músico de orixe escocesa e residente desde hai máis de 30 anos tanto en Vigo como en Nigrán, estivo presente esta mañá na roda de presentación do evento musical no medio dunha gran expectación mediática. E, é que, aínda que o concerto anunciouse publicamente hai un mes, a súa xira por EEUU impediu que puidese desvelarse antes.

Russell, orgulloso de formar parte da marea azul e enfundado co seu peto azul, asegurou que apoiar ao Banco de Alimentos co seu concerto é unha maneira de devolver á sociedade o que a sociedade lle deu. “Estou feliz de poder facer este concerto benéfico” e agregou que “moitos temos a fortuna de estar ben, quen sabe cando nos pode tocar” ser axudados.

Con respecto ao concerto, Russell avanzou que ofrecerá un evento de música clásica española con obras de Albéniz, Granaos ou Tárrega, entre outros, así como, interpretará pezas de recente descubrimento como unha de Carlos García Tolsa e, por suposto, haberá sorpresas que farán gozar desta gran cita solidaria.

Respecto ao Banco de Alimentos, o máximo responsable puxo en valor a importancia de cumprir 30 anos, lembrando o traballo intenso e desinteresado daqueles fundadores que abriron un primeiro local na rúa Pino en outubro de 1995, así como de tantos voluntarios e voluntarias que coa seu “saber facer” levaron á entidade á dimensión de hoxe. “É unha honra poder ofrecer un concerto benéfico cun artista da talla de Russell que leva vivindo connosco case o mesmo tempo de actividade do noso Banco de Alimentos. Puido ver a nosa evolución”.

ENTRADAS AQUÍ

Máis

Hora

22 maio, 2025 20:30(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Teatro Afundación

Marqués de Valladares s/n

Other Events