Detalles do eventos
Un percorrido sensorial polos viños de España e Portugal. Este curso é unha viaxe en copa pola diversidade vinícola da Península Ibérica. A través de
Detalles do eventos
Un percorrido sensorial polos viños de España e Portugal.
Este curso é unha viaxe en copa pola diversidade vinícola da Península Ibérica. A través de cinco sesións prácticas con cata guiada, exploraredes como o clima, o territorio e as castes autóctonas definen a identidade dos viños nas distintas rexións: do frescor atlántico á intensidade mediterránea, pasando polos contrastes do interior continental e a singularidade dos viños fortificados do sur.
Será impartido por Juanjo Figueroa Treus, sumiller profesional cunha ampla experiencia no eido da divulgación e da formación especializada en viño. Co seu estilo claro, rigoroso e próximo, consegue que cada sesión sexa amena, formativa e, sobre todo, pensada para gozar aprendendo.
Datas: 7, 14 e 28 de maio; 4 e 10 de xuño.
Horario: de 20:00 a 22:30 h
Inclúe cata en todas as sesións
Máis información e inscricións: 664 697 611 ou muta@muta.gal
Máis
Hora
14 maio, 2025 20:00 - 22:30(GMT+02:00)
Localización
MUTA
MUTA, Rúa de Joaquín Loriga, 9, Santiago de Vigo, 36203 Vigo, Pontevedra