CAMELIAS MASCOTAS

Culturgal

24novTodo o día27CulturgalFESTIVAIS E FEIRAS | Desde 4,00€(Todo o día)(GMT+01:00) Pazo da Cultura de Pontevedra

Detalles do eventos

Volve Culturgal, a cita anual que reúne ao sector cultural galego, que achega ao público as novidades editoriais, o último en audiovisual, novas propostas das artes escénicas, espectáculos de música ao vivo, servizos profesionais e outras iniciativas híbridas e vinculadas ao mundo da arte. Unha oferta de programación contemporánea e representativa da acción cultural no país con avances, estreas e actualidade, asi como un amplo punto de información e compra da produción cultural do ano.

Unha programación máis abarcable, máis cómoda e eficiente para público e artistas, e un espazo feiral con dúas zonas de stands: aqueles stands que teñen venda directa e aquelas entidades que veñen á Feira na procura de presentar proxectos, facer redes profesionais ou visibilizar a súa marca. Estas son algunhas das novedades da 15ª edición da Feira Culturgal, que se desenvolverá do 24 ao 27 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

O recinto estará divido por áreas. A zona do Libro, onde haberá presentacións de novidades, coloquios, encontros coa comunidade lectora e sinaturas, entre outras actividades; o espazo Arte, onde se darán cita espectáculos de circo, improvisación teatral, danza contemporánea… ademais de obradoiros de múltiples disciplinas para o público asistente; Cinema, que recolle un conxunto de títulos destacados na produción audivisual galega do ano que proxectaranse ao longo da fin de semana, con diferentes xéneros e propostas para todas as idades; Infantil, unha programación especial enfocada nos cativos chea de obradorios, zona de videoxogos, teatro, etc.

O obxectivo do programa en 2022 é obter un maior equilibrio entre diferentes sectores e disciplinas. É dicir, un programa que conte con teatro adulto e familiar, que teña música ao vivo e unha xenerosa mostra do cinema e do traballo audiovisual que se fai en Galicia, que programe artes vivas e iniciativas vinculadas coa creación artística contemporánea, e que, por suposto, siga sendo a cita de referencia do libro galego. Así mesmo o 15 aniversario da Culturgal tamén terá un oco propio dentro da programación. Está prevista unha exposición con materiais gráficos e audiovisuais que percorran a andaina do proxecto desde os seus inicios así como un acto conmemorativo que terá lugar o domingo 27 de novembro.

Ademais da programación diaria, Culturgal organiza uns espectáculos especiais nas noites do 25 e 26 de novembro. O venres 25, un dobre espectáculo que pon ao límite a linguaxe corporal: Nova Galega de Danza con ‘Credo’ e Daniel Rodríguez con ‘A raiz de’. O sábado 26, catro propostas musicais rebordantes de enerxía e talento, ao vivo no escenario do Pazo da Cultura: Antía Muíño, Néboa, Berto e Grande Amore nunha sesión única e singular que se denomina #CulturgalSon15. As entradas para ambos espectáculos poden adquirirse en cultur.gal a un prezo final de 8 euros, que inclúe, ademais, a visita a Feira.

Entradas á venda no enlace.

Máis

Hora

24 novembro, 2022 - 27 novembro, 2022 (Todo o día)(GMT+01:00)

Localización

Pazo da Cultura de Pontevedra

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra, PO

Other Events