CS A Nubeira: Flyingstool + Karracho + Green Poison
Detalles do eventos
O vindeiro día 14 de xuño, venres, será a presentación oficial do proxecto CS A Nubeira, un centro social autoxestionado que está a traballar para impulsar
Detalles do eventos
O vindeiro día 14 de xuño, venres, será a presentación oficial do proxecto CS A Nubeira, un centro social autoxestionado que está a traballar para impulsar demandas sociais e actividades culturais nunha cidade que consideran “caracterízase por unha notable perda de tecido asociativo e cultural”. O evento será na zona de Churruca, e incluirá varios concertos e sesións de DJ na Sala Kominsky (Flyingstool, Karracho e Green Poison), organizados xunto á plataforma Grupos de Vigo en Loita, así como un bingo-performance no bar Tinta Negra, da man de Petra Porter. O recadado ao longo da xornada servirá para sufragar os gastos da creación da nova iniciativa.
A xornada de presentación do CS A Nubeira comezará ás 19:00, co bingo a cargo da artista Petra Porter no Tinta Negra. Posteriormente terá lugar a lectura do manifesto do proxecto polas rúas de Churruca. A partir das 21:00 comezarán os concertos na Kominsky, cos grupos vigueses Karracho, Green Poison e Flying Stool, tendo a entrada aos mesmos un prezo de 5€. Estes darán paso, ás 23:30, ás sesións das DJ LVLX, Nahgga e Sofiestas.
Máis
Hora
14 xuño, 2024 21:00(GMT+01:00)
Localización
Sala Kominsky
Rúa dos Irmandiños, 3, 36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualnovembro
Séguenos nas redes