REVISTA NADAL

Coro de Cámara Rías Baixas

21dec20:00Coro de Cámara Rías BaixasCONCERTOS | De balde20:00(GMT+01:00) Concatedral de Santa María

Detalles do eventos

O primeiro concerto terá lugar o sábado, 21 de decembro, ás 20:00 horas, na Concatedral de Santa María, un espazo emblemático da cidade que, coa súa acústica e atmosfera, será o escenario perfecto para unha velada musical inesquecible. O segundo será o domingo, 22 de decembro, ás 19:30 horas, na Igrexa Santiago de Vigo, un lugar íntimo que permitirá vivir a música coral dun xeito próximo e envolvente. Ambos concertos serán de entrada libre.

O programa, especialmente deseñado para estas datas, incluirá un percorrido pola música coral de Nadal arredor do mundo. Desde pezas clásicas que evocan o espírito tradicional destas festas ata obras contemporáneas que destacan a beleza e a forza expresiva das voces corais, cada interpretación achegará unha perspectiva única e emotiva do Nadal a través de diferentes culturas e estilos. Para o Coro de Cámara Rías Baixas, estes concertos son unha oportunidade de compartir o seu traballo e transmitir emocións a través das voces que conforman esta recoñecida formación galega.

O Coro de Cámara Rías Baixas, baixo a dirección de Brais González, é unha das formacións corais máis recoñecidas de Galicia, destacada pola súa calidade artística e pola diversidade dos seus proxectos. O Coro de Cámara Rías Baixas, que xa destacou este ano 2024 en eventos como o Outono Lírico de Vigo coa súa participación na produción da ópera Madama Butterfly, reafirma así o seu compromiso coa calidade artística e co acceso á música para todos os públicos. A súa traxectoria e o talento dos seus membros converten cada actuación nunha experiencia única, chea de emocións e beleza.

Máis

Hora

21 decembro, 2024 20:00(GMT+01:00)

Localización

Concatedral de Santa María

Praza Igrexa, 10, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events