REVISTA ABRIL

30abr20:00Club Faro: Xosé Luis Outes RusoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) MARCO

Detalles do eventos

Xosé Luis Outes Ruso, economista e catedrático xubilado da UVigo, pronunciará a conferencia-coloquio: Feixe de flores para Galicia. Un programa humano, económico e ecolóxico. Entre as súas suxestións está a creación dunha banca pública galega, unha axencia enerxética galega, un sector industrial de propiedade pública, o deseño dunha nova política forestal que converta a Galicia nunha potencia neste sector, respectuosa co medio ambiente, así como políticas para combater a desertización demográfica.

Feixe de flores para Galicia é o froito dalgunhas reflexións sobre o desenvolvemento do capitalismo desde os anos oitenta do século pasado e a proposta dun programa humano, económico e ecolóxico para o noso país. Estas propostas teñen como finalidade facer de Galicia un país moderno e tecnoloxicamente adiantado, onde prime o colectivo sobre o
individualismo, a igualdade e o benestar sobre a precariedade e, sobre todo, o respecto ao medio ambiente e á biodiversidade.

Entre as suxestións que se presentan, compre mencionar a creación dunha banca pública galega, unha axencia enerxética galega, un sector industrial de propiedade pública, o deseño dunha nova política forestal que faga de Galicia unha potencia neste sector, respectuosa co medio ambiente, así como políticas deseñadas para combater a desertización demográfica.

Máis

Hora

30 abril, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events