PORTAMERICA
REVISTA NADAL

Circo de Nadal

01decTodo o díaCirco de NadalPEQUERRECHOS | Desde 12,00 €(Todo o día)(GMT+01:00) Carpa Av. Castelao

Detalles do eventos

Culturinvest presenta no barrio de Coia e baixo a súa gran carpa esta nova edición do Circo de Nadal, que conta con Gaby Aragón, fillo do mítico pallaso Gaby e sobriño de Fofó e Miliki. Este novo espectáculo é unha gran homenaxe aos Pallasos da Tele no 50 aniversario da chegada a televisión do Gran Circo de TVE. Podes mercar aquí as túas entradas.

Gaby Aragón está acompañado de equilibristas, acróbatas, malabaristas, bailaríns e bailarinas, cantantes e un sinfín de artistas que o guian nesta homenaxe ao seu pai, Gaby. Trátase dun espectáculo repleto de recordos no que soan as cancións da familia Aragón interpretadas en directo: ‘Había una vez’, ‘La Gallina Turuleca’, ‘El Auto Nuevo’, ‘Cómo me Pica la Nariz’, ‘Hola Don Pepito’, ‘Susanita y su ratón’… e todas esas cancións icónicas, acompañadas de grandes atraccións de circo. A estrea tivo lugar o sábado 30 de novembro e as funcións sucederanse ata o 12 de xaneiro. A información e os horarios pódese consultar na web do Circo.

A carpa está situada, como outros anos, na Avenida de Castelao, en Coia. Os días nos que está aberto o circo son os seguintes: 30 de novembro; 1, 5, 6, 7, 8, 13, 14, 15, 20, 21, 22, 23, 25, 26, 27, 28, 29, 30 de decembro; 1, 2, 3, 4, 5, 6, 10, 11 e 12 de xaneiro.

Máis

Hora

1 decembro, 2024 (Todo o día)(GMT+01:00)

Localización

Carpa Av. Castelao

Av. de Castelao Vigo Pontevedra

Other Events