Cineclube Lumière: Synonymes
Detalles do eventos
O Cineclube Lumière proxecta unha película cada luns de setembro no Auditorio Municipal do Concello ás 20:30. Todas elas en versión orixinal e subtituladas en castelán.
Detalles do eventos
O Cineclube Lumière proxecta unha película cada luns de setembro no Auditorio Municipal do Concello ás 20:30. Todas elas en versión orixinal e subtituladas en castelán.
Prezo socios: 5€
Prezo non socios: 6€
Bono 5 películas: 16€
7 de setembro – Synonymes, de Nadav Lapid (Francia, 2019)
O cineasta Nadav Lapid narra as desventuras dun mozo israelí en París decidido a desconectarse por completo das súas orixes. Un sorprendente relato sobre exilio, adaptación, e as contradicións íntimas dun inmigrante.
14 de setembro – Om det Oändliga (Suecia, 2019)
O cineasta Roy Andersson ofrece unha escolma de viñetas traxicómicas cheas de pesimismo cáustico, protagonizadas por mulleres e homes que deambulan por un purgatorio urbán revelando grandes verdades –as veces ridículas outras desoladoras– sobre a condición humana.
21 de setembro – Hvítur, Hvítur Dagur (Islandia, 2019)
O cineasta Hlynur Palmason narra a ruta dun home cara o abismo da obsesión. Secuencias debuxadas cun pulso firme e humor perverso. Unha especie de fábula infantil para adultos onde os lobos se espantan a berros e as phantasmas non dan medo si escoitamos a Leonard Cohen de fondo.
28 de setembro – Filme sorpresa
Máis
Hora
7 setembro, 2020 20:30(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualSéguenos nas redes