BANNER OSDC

05mai20:30Cineclub Lumière: 'Vida en pausa'ACTIVIDADES PARA O COCO | 6,00 €20:30(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Vida en pausa de Alexandros Avranas (Grecia, 2024)

2024 GAÑADOR DO PREMIO INTERFILM AO DIRECTOR POLA PROMOCIÓN DO DIÁLOGO INTERRELIXIOSO NO FETIVAL DE VENECIA.

O exilio é case sempre, forzoso. Circunstancias políticas, económicas, medioambientais, soen ser algunhas das causas máis frecuentes ás que teñen que enfrontarse as persoas que deciden facelo. Eventualidades, calquera delas, que soen ser destrutivas e traumáticas, con diversas secuelas para quen ten que soportalo.

Desas consecuencias inmediatas vai este ciclo. Protagonistas que afrontan un exilio complexo, e tamén, dentro da dificultade, xeitos ben distintos de resistencia, pero a normalidade é unha loita infinita para acadar o prezado soño dunha vida mellor.

SINOPSE

Inspirada en feitos reais narrados en medios como a BBC e The New Yorker, o filme aborda o Síndrome de Resignación Infantil, un fenómeno que sigue desconcertando á ciencia. Que leva á rapazada a caer en coma cando as familias enfrentan a negación do asilo político? Por que uns se recuperan rápidamente e outros tardan anos en despertar?

Suecia, 2018. Sergei e Natalia, recén chegados coas súas fillas, agardan acadar asilo no país. Traballan duro, aprenden o idioma, se someten a inspeccións regulares. Cando a súa solicitude é rexeitada, a filla pequena entra en coma, pasando a engrosar a temida lista. Até onde chegarán para permanecer despertos nun mundo deseñado para adormecelos?

Máis

Hora

5 maio, 2025 20:30(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events