CAMELIAS MASCOTAS

Ciencia no Magosto

12nov11:30Ciencia no MagostoPEQUERRECHOS | De balde11:30(GMT+01:00) Praza do Berbés

Detalles do eventos

A Consellería de Normalización lingüística organiza unha serie de actividades infantís para celebrar o magosto durante os vindeiros días 12 e 13 de novembro.

Ciencia no Magosto, en colaboración con Ceo Aberto, son unha serie de obradoiros que mesturan experimentos científicos sinxelos con actividades relacionadas co magosto e a tradición desta festa.

FIGURAS DO MAGOSTO: Utilizando modelos exclusivos, crearemos pequenas figuras recortables inspiradas nos elementos tradicionais do magosto. Os elementos, unha vez construídos, incorporarán un sistema de iluminación led creado pola rapazada participante.
Idades: Desde 6 anos
EXPLORANDO OS BOSQUES: No obradoiro, os asistentes prepararán un chan comestible que levarán para casa. Isto nos permitirá falar dos bosques e a importancia do solo e a súa evolución para os ecosistemas.
Idades. Desde 3 anos
MUNDOS ELÉCTRICOS: Os nenos e nenas participantes na actividade explorarán a electricidade e as súas características, a través de xogos e experimentos sinxelos. Para acabar, construiremos figuras con luz relacionadas co magosto.
Idades. Desde 3 anos
RECORDO DO MAGOSTO: Na actividade, exploraremos as propiedades dos polímeros mentres reflexionamos sobre as súas implicacións medio ambiente. Para finalizar o obradoiro, utilizando un plástico termo moldeable toda a rapazada participante creará un colgante de recordo.
Idades. Desde 3 anos

Cada actividade ten una duración de 15-20 minutos

HORARIOS

  • O Berbés
    • 12 de novembro de 11.30h a 13h
    • 13 de novembro de 17.30h a 19h
  • Coia
    • 12 de novembro de 17.30h a 19h
    • 13 de novembro de 11.30 a 13h

Máis

Hora

12 novembro, 2022 11:30(GMT+01:00)

Localización

Praza do Berbés

Avenida de Beiramar, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events