
Detalles do eventos
O vindeiro luns 12 de maio ás 18:00 horas, o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur recibirá a Yolanda Domínguez para falar de ciencia e
Detalles do eventos
O vindeiro luns 12 de maio ás 18:00 horas, o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur recibirá a Yolanda Domínguez para falar de ciencia e investigación con perspectiva de xénero. Yolanda Domínguez utiliza a arte como ferramenta de crítica social, especialmente ao redor dos estereotipos de xénero e a representación da muller nos medios. Con formación en Belas Artes, fotografía e novas tecnoloxías, desenvolveu proxectos que combinan a arte, o activismo e a participación cidadá. Entre as súas obras máis destacadas están Poses y Niños vs. Moda, que cuestionan as mensaxes da industria publicitaria. Tamén traballou con institucións públicas en campañas de igualdade e é autora do libro Maldito estereotipo. O seu traballo foi premiado e difundido en medios nacionais e internacionais.
Máis
Hora
12 maio, 2025 18:00(GMT+02:00)
Localización
Edificio Redeiras
Praza do Berbés
Hoxe móvese
- Mes actual