![ARRIBADA](https://amovida.gal/wp-content/uploads/2025/01/Arribada_2025_A_MovidaBanner_860x150.jpg)
Children of the Sun
08feb13:00Children of the SunCONCERTOS | De balde13:00(GMT+01:00) Sala Rebullón
Detalles do eventos
Chegados desde Suecia, Children of the Sün ofrecen unha experiencia musical atemporal grazas ao seu son poderoso que fusiona rock, blues e folk. A banda mistura harmonías
Detalles do eventos
Chegados desde Suecia, Children of the Sün ofrecen unha experiencia musical atemporal grazas ao seu son poderoso que fusiona rock, blues e folk. A banda mistura harmonías clásicas e riffs apaixoantes, lixeireza e profundidade, unha homenaxe ao rock que fai recordar por momentos a grupos como Fleetwood Mac, Ghost ou incluso ABBA.
Children of the Sün (vídeos) acadou un importante impacto no seu país natal grazas á súa actuación no Sweden Rock Festival e ao seu disco Roots, de 2022, sendo incluso mencionado por publicacións de prestixio como a Rolling Stone. Ademais, o seu tema “Leaves” logrou colarse entre as cinco primeiras na lista Aftonbladet das mellores cancións de rock do ano.
Este sábado, desde as 13:00 h, o grupo vai presentar as súas novas composicións, xa que Children of the Sün acaba de publicar hai menos dun mes o seu novo traballo, Leaving Ground, Greet the End, chamado a consolidalos na escena internacional.
Segundo anunciaron nas súas redes, este concerto é de balde como agasallo da Rebullón e da promotora Lestrato Rock, pola fidelidade do público á sala e polo seu compromiso coa música en directo e co proxecto da Rebullón. Ademais, a cantina das Pedriñas ofrecerá racións a prezos populares para repoñer forzas tras o concerto.
Máis
Hora
8 febreiro, 2025 13:00(GMT+01:00)
Localización
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain
Hoxe móvese
Mes actualfebreiro
- Mes actual
Séguenos nas redes