![ARRIBADA](https://amovida.gal/wp-content/uploads/2025/01/Arribada_2025_A_MovidaBanner_860x150.jpg)
Bea Campos ri do propio fracaso vital no monólogo 'Chegar e encher'
Detalles do eventos
Goza de Chegar e encher , un monólogo agudo e divertido de Bea Campos que mestura improvisación, narración e cabaré para cuestionar as expectativas de xénero e o
Detalles do eventos
Goza de Chegar e encher , un monólogo agudo e divertido de Bea Campos que mestura improvisación, narración e cabaré para cuestionar as expectativas de xénero e o control das nosas vidas. Segue a unha muller que, aos corenta anos, desafía o camiño esperado e descobre a arte de vivir no escenario. Explora esta reflexión teatral sobre o fracaso e a vida na Sala Ártika.
Podedes ver a vídeo entrevista que lle fixemos a Bea sobre o espectáculo nesta ligazón.
SINOPSE:
Chegar e encher é un canto ao fracaso, un divertido monólogo teatral de Bea Campos onde conviven a improvisación, a narración oral e o cabaré. Pasen e vexan… Esta muller que está no escenario era unha nena adorable. Unha pequena que alegraba as veciñas coa súa ledicia. Tiña todo o que precisaba para ser feliz, segundo lle dixo a súa mestra de primaria… Hoxe, aos corenta anos, esta muller debería estar tranquila, incluso aburrida. Coa serenidade dunha vida que non depara moitas sorpresas… O caso é que nalgún momento esa moza tomou decisións que a afastaron do camiño e a levaron sobre as táboas deste escenario. Chegar e encher propón unha reflexión ácida e divertida sobre a imposibilidade de controlar as nosas vidas e a dificultade de encaixar nos roles de xénero marcados.
Máis
Hora
9 febreiro, 2025 20:00(GMT+01:00)
Localización
Sala Ártika
Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualfebreiro
- Mes actual
Séguenos nas redes