REVISTA ABRIL

29abr19:00Charla 'Castelao, Galaxia e a censura franquista'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) Casa Galega da Cultura

Detalles do eventos

Con motivo da celebración do 75 aniversario do falecemento de Castelao e da fundación da Editorial Galaxia, a Fundación Penzol organiza, o martes 29 de abril, ás 19:00 h, no salón de actos da Casa da Cultura Galega, en Vigo, unha conferencia de Xosé Manuel Dasilva que leva por título “Castelao, Galaxia e a censura franquista”

Abordará as dificultades que experimentou a difusión da obra do autor rianxeiro, en especial ‘Sempre en Galiza’, ao longo da ditadura franquista. A partir principalmente dos respectivos expedientes oficiais de censura, prestarase atención ás iniciativas de Galaxia para editar os seus libros e tamén se analizarán as achegas doutras editoriais.

XOSÉ MANUEL DASILVA é catedrático da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, padroeiro da Fundación Penzol e membro do consello de redacción da revista Grial. Unha parte importante do seu labor investigador centrouse na acción da censura franquista na literatura galega. Foi comisario da exposición “Editar en galego baixo a censura franquista” (2008), onde se examinou por primeira vez desde unha perspectiva obxectiva a intervención dos censores nas nosas letras. Publicou diversas contribucións nesta materia, moitas delas na revista Grial, ocupándose de analizar o rastro da represión na obra de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Vicente Risco, Castelao, Ramón Cabanillas, Álvaro Cunqueiro, Eduardo Blanco Amor, Celso Emilio Ferreiro, Silvio Santiago, Xosé L. Méndez Ferrín e Carlos Casares, entre outros nomes. Ademais, encargouse da restauración textual d’”A esmorga” (2010), “La parranda” (2015) e “Xente ao lonxe” (2014), difundidas ata entón na versión mutilada pola censura. Por outra parte, exhumou a causa xudicial que levou a Ramón Piñeiro a prisión (1946-1949) e o seu expediente penal, así como reconstruíu o proceso de prohibición da Colección Grial (1952).

Máis

Hora

29 abril, 2025 19:00(GMT+02:00)

Localización

Casa Galega da Cultura

Casa Galega da Cultura 36202 Vigo Pontevedra

Other Events