Poesía, fotografía e música para celebrar o 100 aniversario de Carlos Oroza
Detalles do eventos
Este sábado o poeta Carlos Oroza cumpriría 100 anos. A asociación viguesa que leva o seu nome celébrao cun recital de poesía, unha exposición e a actuación de
Detalles do eventos
Este sábado o poeta Carlos Oroza cumpriría 100 anos. A asociación viguesa que leva o seu nome celébrao cun recital de poesía, unha exposición e a actuación de Cintaadhesiva.
Os actos serán os días venres 12 de maio e o sábado 13. O local da Asociación Évame Oroza está situado na rúa Subida á Costa, 5, no Casco Vello Alto de Vigo.
Se queres coñecer máis sobre Carlos Oroza, o poeta beat de Vigo, podes ler este artigo que lle dedicamos na revista de abril.
Programa:
Venres 12 ás 19h – Local Asociación Évame Oroza – Recital aberto e colectivo da obra de Carlos Oroza. O acto acabará cun brinde polo aniversario de Oroza.
Sábado 13 ás 10h – A Laxe, a carón do Club Náutico – Inauguración da exposición itinerante que celebra o aniversario de Oroza. Trátase dunha mostra de seis cubos para exterior que, a través de imaxes e texto, fan un percorrido pola vida e obra do poeta. Durante a inauguración participarán Branca Novoneyra, comisaria da exposición, e Xabier Romero, presidente da asociación. Branca Novoneyra fará unha visita guiada da mesma e rematará o acto coa lectura dun poema. A exposición estará situada ao carón do Club Náutico, onde permanecerá ata o 19 de xuño.
Sábado 13 ás 18h – Local Asociación Évame Oroza – Actuación do dúo poético-musical Cinta Adhesiva (formado pola poeta Silvia Penas e o músico Jesús Andrés Tejada) que contará coa conexión en directo de Marina Oroza, quen se atopa en Nova Iorque participando do Festival Kerouack.
Máis
Hora
12 maio, 2023 19:00(GMT+01:00)
Localización
Asociación Cultural Évame Oroza
Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes