Maratón Fotográfico
Detalles do eventos
Concurso fotográfico de 24 horas de duración cun control de saída e outro de chegada. As/os participantes deberán fotografar sobre catro temas propostos pola organización
Detalles do eventos
Concurso fotográfico de 24 horas de duración cun control de saída e outro de chegada. As/os participantes deberán fotografar sobre catro temas propostos pola organización e entregar unha foto por cada un deles no control de chegada. As fotos deberán ser feitas dentro dos límites do Concello de Vigo ou ben ter a Vigo como suxeito da imaxe.
Poderán participar todas aquelas persoas maiores de oito anos que formalicen a súa inscrición antes das 15:00 do día 04 de outubro do 2024 a través da web da AFG.
A inscrición poderase facer tamén en persoa o día do Maratón desde as 11:00h ata as 11:45h. A cota de inscrición xeral será de 15 euros. Os participantes menores de idade será gratuita (deberán mostrar DNI ou documento análogo).
O Maratón Fotográfico “Concello de Vigo” comezará as 11:00h do día 05 de outubro do 2024, na praza de arquitectos de Vigo. Tras facer o control de saída no que as/os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa, recordaranse as normas do concurso e as 12:00h darase a saída oficial e informarase dos catro temas. Ao longo de 24 horas poderán facer fotos, procesalas, escoller, etc. Pero antes das 12:00h do día 06 terán que entregar as catro fotos que representen os catro temas propostos.
A entrega poderá facerse físicamente na sede da AFG, na rúa Uruguai 17 entrechán de Vigo. As fotos levaranse nunha memoria USB ou tarxeta de memoria. Non serán admitidas fotos entregadas despois do horario de peche.
Tamén poderán enviarse por email a agrupacionfotograficagalega@gmail.com recomendamos usar unha plataforma de envío de arquivos tipo wetransfer, dropbox, drive, etc.
As fotos enviadas por estes medios serán descargadas nos días seguintes ao Maratón e non se enviarán confirmacións de recepción das mesmas.
PREMIOS
1o……………………………….. 1.000€
2o……………………………….. 500€
3o……………………………….. 300€
3 accésits
4 PREMIOS INFANTÍS
Idades entre 8 e 14 anos
Curso fotografía na sede da AFG
PREMIO XUVENIL ÓPTICA STUDIO
Idades entre 15 e 24 anos
Gafas Ray ban Meta Smart
(ós maiores de 18 poderán optar ó premio xeral tamén)
Máis
Hora
5 outubro, 2024 11:00(GMT+01:00)
Localización
Colexio Oficial de Arquitectos
Rúa Doctor Cadaval, 5, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes