Acustiquísimos: Carlos Sadness
16nov21:30Acustiquísimos: Carlos SadnessCONCERTOS | 20,00 €21:30(GMT+01:00) Teatro Afundación
Detalles do eventos
Este outono regresa a Galicia o ciclo de concertos en acústico Momentos Alhambra Acustiquísimos. Carlos Sadness, María José Llergo, Muchachito Bombo Inferno e Marwán conforman
Detalles do eventos
Este outono regresa a Galicia o ciclo de concertos en acústico Momentos Alhambra Acustiquísimos. Carlos Sadness, María José Llergo, Muchachito Bombo Inferno e Marwán conforman o cartel desta sétima edición de directos nos que, como é habitual, primarán a calidade sonora e a experiencia próxima para o público. Do 16 ao 30 de novembro de 2024, Momentos Alhambra Acustiquísimos regresa a catro grandes cidades galegas Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela e Lugo.
Esta nova tempada incorpora a gastronomía ao seu cartel da man dalgúns dos chefs Alhambra máis recoñecidos de Galicia, que servirán tapas de autor en cada directo. As entradas para os catro concertos do ciclo sairán á venda o luns 9 de setembro, ás 11.00h, a través da plataforma en liña Ataquilla.com.
Carlos Sadness, toda unha icona do indie pop español, abrirá o ciclo en Vigo en acústico, no Hall do Teatro Afundación, o sábado 16 de novembro, ás 21.30h, cos temas de Realismo Máxico, o novo e quinto álbum de estudo do artista barcelonés. Atopar a maxia no medio da realidade é o obxectivo deste disco, que profunda en conceptos como a bondade, a tenrura ou a empatía, sempre marcados por esa esencia festivalera que tanto lle caracteriza.
16 de novembro – Vigo – Carlos Sadness
22 de novembro – A Coruña – María José Llergo
23 de novembro – Santiago de Compostela – Muchachito Bombo Infierno
30 de novembro – Lugo – Marwán
Máis
Hora
16 novembro, 2024 21:30(GMT+01:00)
Hoxe móvese
Séguenos nas redes