CAMELIAS MASCOTAS

'Canto de emigración'

25mar20:30'Canto de emigración'CONCERTOS | Desde 13€20:30(GMT+01:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

A Orquestra Clásica de Vigo retoma este sábado, 25 de marzo, a temporada Escoitas cun concerto especial onde interpretará en directo a banda sonora do filme Canto de emigración, a reconstrución feita por Pepe Coira. A cita é ás 20:30 horas no auditorio do Teatro Afundación e as entradas xa están á venda na plataforma Ataquilla.

‘Canto de emigración’ é un traballo de investigación e reconstrución dirixido polo cineasta Pepe Coira no que se busca chegar á imaxe a través dos vestixios existentes, empregando a partitura como fonte principal. É, polo tanto, un proceso xerado á inversa das recreacións habituais. Con edición crítica e dirección musical de Manuel Martínez Álvarez-Nava, o concerto terá como centro esta peza única de Teódulo R. Páramos, interpretada en directo pola Orquestra Clásica de Vigo e poñéndoa en relación coa música dos cafés, cinemas e teatros da cidade, nos que o compositor participaba activamente.

Entradas

Os billetes para o concerto xa están á venda na plataforma Ataquilla desde 13 euros. Tamén haberá entradas dispoñibles na billeteira antes do concerto, a un prezo de 5 euros para persoas menores de 30 anos.

Sábado 25 ás 20:30h no Teatro Afundación.

Máis

Hora

25 marzo, 2023 20:30(GMT+01:00)