Canco Rodriguez
06mai22:30Canco RodriguezESPECTÁCULOS | Desde 18,00€ 22:30(GMT+02:00) Auditorio Teatro Afundación
Detalles do eventos
El rock and roll ha muerto é unha viaxe a través da historia do rock and roll e da propia vida do actor, cargado de anécdotas, humor, paixón e
Detalles do eventos
El rock and roll ha muerto é unha viaxe a través da historia do rock and roll e da propia vida do actor, cargado de anécdotas, humor, paixón e lendas da música.
O show ofrécenos un interesante e divertido percorrido desde 1950, coa aparición deste xénero, ata os nosos días… década a década… Sen dúbida, unha experiencia na que descobres, aprendes, conectas e ris sen darche conta. Canco Rodríguez, exercendo de mestre de cerimonias, lembrará a figura do rock and roll desde as súas orixes en EEUU ata as súas últimas rabexadas nun portal de Malasaña. Estará no certo? Realmente estaremos #ante a despedida do Rock and Roll?
Con divertidos vídeos, insólitas fotografías, anécdotas incribles e moita música, Canco levaranos da man non só para falarnos de música, tamén da súa propia vida persoal como actor desde os seus comezos ata os seus últimos éxitos televisivos.
El rock and roll ha muerto está dirixido por Víctor Conde, director e co-creador do aclamado espectáculo The Hole 2, director residente en España do musical Los Miserables, director de Pegados (gañador do premio Max ao mellor musical), entre outras moitas producións.
O sábado 6 de maio ás 22:30 h no Auditorio Afundación. Entradas aquí.
Máis
Hora
6 maio, 2023 22:30(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Teatro Afundación
Marqués de Valladares s/n
Séguenos nas redes