CAMELIAS MASCOTAS

Camelias Fashion Day

21out18:00Camelias Fashion DayFESTIVAIS E FEIRAS | De balde18:00(GMT+02:00) Centro Comercial Camelias

Detalles do eventos

O Centro Comercial Camelias organiza o Camelias Fashion Day o próximo día 21 de Outubro ás 18:00 h na planta baixa do centro comercial para gozar dunha tarde chea de moda, tendencias e moita alegría. Consistirá nun desfile de moda: todas as tendas do Centro Comercial Camelias presentarán as últimas tendencias.

Contarase cuns 20 modelos: femininos, curvy, masculinos, adolescentes e nenos, mostrando que a moda é para todos. Tamén contarase cun concerto de piano en vivo: aos seus tenros 6 anos, a pequena pianista, Dasha sorprenderannos con dúas pezas clásicas no piano. Tamén espectáculos de danza e baile en directo da Escola de Baile Pasos, das coreógrafas Rebecca Hanun e de Evita Salsera que nos farán vibrar con coreografías emocionantes. E estarán os influencers de vida saudable Olalla Castro e Daniel González.

O evento está organizado por Alicia Gil , estilista e asesora de imaxe, e presentado por Laura Fernández . Ambas son as xerentes dos negocios ALICIA GIL MAKE UP AND NAILS e LAFITA NEW LIFE CLOTHES. A decoración do evento será realizada por Sonia González da tenda Papeliños. O son a cargo da empresa Sonsvigo. A fotografía do evento correrá a cargo do Pedro Moreno Fotógrafo .Empanadillas Payma vai facer un 20% de desconto en todas as súas consumicións, e a cafetería Mokkafe vai lanzar ofertas e descontos especiais este día. Ademais, Aparcat (a empresa do aparcadoiro) vai ter un 30% de desconto a todos os asistente á #FashionDay .

Máis

Hora

21 outubro, 2023 18:00(GMT+01:00)

Localización

Centro Comercial Camelias

Praza de América, 1, 36211 Vigo, Pontevedra

Other Events