Batalla de DJ
25xan21:30Batalla de DJESPECTÁCULOS | Desde 5,00 €21:30(GMT+01:00) La Fábrica de Chocolate
Detalles do eventos
A lexendaria batalla de DJs de Swing On está de volta!! Catro DJs bateranse en duelo para ser e mellor DJ de swing do 2025. Ven bailar
Detalles do eventos
A lexendaria batalla de DJs de Swing On está de volta!! Catro DJs bateranse en duelo para ser e mellor DJ de swing do 2025. Ven bailar ata morrer con estes catro guerreires musicais do swing, e ao final da festa fai todo o ruído do mundo para escoller a persoa gañadora.
Sábado 25 de xaneiro | 21.30h | 5€ anticipada / 8€ en porta | La Fábrica de Chocolate (Rogelio Abalde 22)
BASES DA BATALLA DE DJ
Prelims: Envía 3 cancións swing que che gusten para bailar ata o 18 de xaneiro, pode ser por mail a info@swingonvigo.com ou por whatsapp ao 687711436. O día 20 publicaremos nas nosas redes o nome das persoas finalistas, que pincharán o sábado 25 en La Fábrica de Chocolate.
Final: As 4 DJs seleccionadas pincharán 20 minutos cada unha. A orde das pinchadas farase por sorteo. O xurado seleccionará as dúas mellores que se baterán no duelo final. Non é necesario ter experiencia nin ningún equipo ou programa especial, desde Swing On axudaremos as persoas finalistas coa parte técnica.
Duelo final: As dúas persoas finalistas pincharán un tema cada unha durante 45 minutos. A persoa gañadora decidirase polo ruído do público.
Premio para a DJ gañadora: Unha modalidade “extra” en Caixa de Ritmos. É dicir, se a gañadora está apuntada a unha modalidade na escola, regalámoslle un bimestre (febreiro e marzo) de outra modalidade a escoller, se está apuntada a 2, regalámoslle a 3ª, se non está apuntada a ningunha, regalámoslle a primeira…
Xurado: O xurado estará composto por Elena e Jorge de Swing On DJs, Andrea e Carlos de Rhythm Counts e María López, gañadora da última edición.
Máis
Hora
25 xaneiro, 2025 21:30(GMT+01:00)
Hoxe móvese
Mes actualxaneiro
Séguenos nas redes