CAMELIAS MASCOTAS

BLOOMSDAY

16xuñ11:3014:30BLOOMSDAYACTIVIDADES PARA O COCO | De balde11:30 - 14:30(GMT+02:00) MARCO

Detalles do eventos

Esta data rende homenaxe á figura de Leopold Bloom, ou ‘Poldy’, personaxe principal da novela de “Ulises”, de James Joyce; caracterizado como antiheroe, do libro. O autor, exterioriza os pensamentos de Bloom a través da técnica do monólogo interior, estando “Ulises” focalizada neste personaxe e na súa “Odisea” contemporánea.

O obxectivo é achegar a obra de Joyce ao público máis amplo posible, poñendo en valor a edición en galego deste clásico fundamental da literatura.

PROGRAMA / VENRES 16 DE XUÑO / BLOOMSDAY

Ás 11.30 = presentación á prensa no salón de actos do MARCO, coa participación de Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia, e María Alonso Seisdedos, como representante do equipo responsable da tradución do “Ulises” ao galego (Eva Almazán, María Alonso Seisdedos, Xavier Queipo, e Antón Vialle).

De 12.00 a 14.30 = LECTURAS PÚBLICAS de fragmentos do Ulises, diante da fachada principal do MARCO (rúa Príncipe)

Máis

Hora

16 xuño, 2023 11:30 - 14:30(GMT+01:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events