Bicicletada pola Terra
Detalles do eventos
Vigo Ciclábel organiza a Bicicletada pola Terra que terá lugar o vindeiro xoves día 22 de abril. Sairá ás 19:30h desde a Oliveira do paseo de Alfonso XII e rematará na praza de Compostela. Será
Detalles do eventos
Vigo Ciclábel organiza a Bicicletada pola Terra que terá lugar o vindeiro xoves día 22 de abril. Sairá ás 19:30h desde a Oliveira do paseo de Alfonso XII e rematará na praza de Compostela. Será unha ruta curta, reivindicativa e de dificultade baixa.
Esta acción realízase por motivo do Día da Terra, e o seu obxectivo é o de visibilizar todas as vantaxes e o potencial que ten a bicicleta como medio de transporte activo en Vigo. Con esta bicicletada queren animar ao uso das bicicletas nos desprazamentos diario, ademais de reclamar conxuntamente por máis infraestruturas seguras e políticas ciclistas que faciliten o seu uso no día a día.
Segundo o último inventario de emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI), o tráfico rodado supuxo no 2018 o 25% das emisións totais, centrándose un terzo destas en áreas urbanas. Ademais, os coches constitúen un dos principais focos de contaminación acústica.
Pola contra, a bicicleta é silenciosa e emite cero emisións polo que se converte nunha perfecta aliada para poñer freo ás consecuencias do cambio climático e para construírmos cidades máis habitables, inclusivas, seguras e sostibles.
Por estes motivos é necesario facilitar a mobilidade activa na cidade a través de campañas, medidas e infraestruturas que potencien o uso da bicicleta. Isto permitirá acadar a neutralidade climática antes do 2050 conseguindo un Vigo máis habitable e menos contaminante.
Durante a bicicletada será necesario manter a distancia de seguridade así como o uso de máscara e xel hidroalcólico.
Máis
Hora
22 abril, 2021 19:30(GMT+01:00)
Localización
Olivo de Paseo Alfonso XII
xii 36202, Paseo de Alfonso XII, 7, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes