BANNER OSDC

27out19:00Biblioteca básica para o coiroACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) Biblioteca EMAO

Detalles do eventos

Cando se comeza a traballar o coiro, guiados ou de forma autodidacta, unha boa bibliografía resulta de gran apoio. Nos tempos de vídeos e pdf ás veces é complicado atopar un referente fiable. O fondo bibliográfico da EMAO conta co material axeitado para a construción deste referente e ímolo demostrar. Pepe Pereira, mestre da especialidade de Artesanía en coiro da EMAO desde o ano 2009, recomendaranos a bibliografía máis adecuada para esta especialidade.

Presentado por María Jesús Cuesta (bibliotecaria da EMAO)
Data: 27 de outubro de 2023
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo

Máis