BANNER XERAIS

08mai(mai 8)16:3013xuñ(xuñ 13)20:00'Baiona horizonte atlántico'ARTE E MUSEOS | De balde16:30 - (xuño 13) 20:00(GMT+02:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

A mostra Baiona Horizonte Atlántico. 1985-2025 é unha recompilación dos orixinais da carpeta realizada no verán de 1985 con motivo da exposición happening que tivo lugar en Baiona, na finca O Touzal, na que confluíron os versos de Carlos Oroza coa pintura de Din Matamoro. Foi a primeira edición dunha serie de encontros artísticos promovidos dende a súa residencia por Malena Lepina e Román Pereiro, parella coñecida polo impulso que deron co seu apoio á arte galega na década dos oitenta.

As exposicións integradas na natureza da finca acompañábanse da lectura de textos das autoras e autores convidados e favorecían o encontro entre creadoras e creadores de ámbitos diversos. O encontro finalizaba coa contemplación do solpor sobre o horizonte. De estas experiencias naceron varias carpetas, unha por cada unha das edicións, nas que se recollían textos de María do Carme Kruckemberg, Méndez Ferrín, Xosé María Álvarez Cáccamo ou Antón Reixa ao lado de traballos de Laxeiro, Berta Cáccamo, Menchu Lamas, Lodeiro ou Antón Patiño, entre outros nomes.

Horario: Desde o 8 de maio ata o 13 de xuño, de luns a venres de 16:30 a 20:00 h.

Máis

Hora

8 maio, 2025 16:30 - 13 xuño, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events