Ateneo Atlántico: 'La pyramide humaine' de Jean Rouch
Detalles do eventos
Dentro do modelo Unha película con, o Ateneo convida ao actor e escritor Manolo Romón para que comparta o seu cine favorito. A película, proposta por Manolo, é
Detalles do eventos
Dentro do modelo Unha película con, o Ateneo convida ao actor e escritor Manolo Romón para que comparta o seu cine favorito. A película, proposta por Manolo, é A pirámide humana, de Jean Rouch.
La pyramide humaine, de Jean Rouch (1961, 90′)
A chegada dunha nova alumna, Nadine, é o punto de partida dunha análise das relacións interraciais nun Liceo de Abidján, en Costa de Marfil.
Reunidos por Jean Rouch, os alumnos interpretan ao seu propio personaxe nunha “ficción” que se desenvolve a través das novas relacións entre brancos e negros, escenificando os lazos de amizade e as relacións sentimentales.
Manuel María Romón Alonso, Manolo Romón, naceu en Vigo en 1956. É actor, presentador e escritor en lingua galega.
Conduciu o espazo literario Libro aberto na TVG e participou como actor, desde 2005 ao 2013, na teleserie da mesma canle Libro de familia, onde interpretou o papel de Don Venancio.
Na súa traxectoria profesional televisiva destacan as súas colaboracións no Xabarín Club ou no programa concurso Todos a bordo, entre outros proxectos. Como actor participou, tamén, na serie Fíos.
Foi membro do Grupo Rompente (con Antón Reixa, Alberto Avendaño e Alfonso Pexegueiro), co que participou na escritura dos libros colectivos Silabario da turbina (1978), A dama que fala (1983) e Upalás (1998).
Tamén tocou a tecla da colaboración musical subindo ao escenario en diversas ocasións con Julián Hernández e Siniestro Total. Algunhas das súas obras poéticas son Galletas kokoschka non, (1979, Rompente), Miniaturas, (1987, Correo Bereber, Vigo), ou Poesía barata, (2006, Deputación de Pontevedra).
Máis
Hora
28 febreiro, 2023 19:30(GMT+01:00)
Localización
Ateneo Atlántico
Rúa do Doutor Cadaval, 17-b 36202 Vigo Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes