BANNER XERAIS

08mai(mai 8)10:0006xuñ(xuñ 6)21:00'As vellas si deben namorarse'ARTE E MUSEOS | De balde10:00 - (xuño 6) 21:00(GMT+02:00) A Morada

Detalles do eventos

As vellas si deben namorarse (Emma Romero, 2024).

Nunha sociedade de apariencias e excluínte, ser muller e maior convértese nalgo revolucionario, casi provocador.

Estas obras de arte con acuarela son un pequeno recoñecento a esas mulleres que, con cada pequena acción reclaman o seu dereito a ser e pertencer.

SOBRE A OBRA

Cando unha vella vive a súa liberdade, desafía todas as regras. Nunha sociedade de aparencias e excluínte, ser muller e maior convértese en algo revolucionario, case provocador. E non se precisa moito para saír da norma e do contexto. Un contexto hostil conforme pasan os anos, máis aínda se es muller. Pero a estas musas non lles preocupan os filtros nin as opinións.

Viven a súa liberdade, tantas veces negada e cuestionada. Este é un pequeno recoñecemento a esas vellas que, con cada acción cotiá, reclaman o seu dereito a ser e a pertencer. Situacións do día a día que os nosos prexuízos transforman en poderosas afirmacións de rebeldía. Porque a vida non é un privilexio da xuventude. Porque a idade non é sinónimo de resignación.

As vellas rin, xogan, lideran, bailan e namóranse.

Ou quen decide a que idade hai que deixar de vivir?

HORARIO: De luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. Sábado de 12:00 a 14:00 horas e domingo pechado.

Máis

Hora

8 maio, 2025 10:00 - 6 xuño, 2025 21:00(GMT+02:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events