REVISTA ABRIL

26abr(abr 26)11:0027(abr 27)21:00Picnic SesiónsFESTIVAIS E FEIRAS | De balde11:00 - 21:00 (27)(GMT+02:00) Baixada á Praia, Saians

Detalles do eventos

As Picnic Sesións celebraranse días 26 e 27 de abril nos mesmos espazos: antigos terreos da radio Costeira de Saiáns (Baixada á praia, 83). A festa repártese en dúas xornadas con concertos, mercado, comida e actividades para todos os públicos.

O certame de pintura ao aire libre con Mingos Teixeira celebrarase o domingo 27 de abril. Se estabas xa inscrito só tes que confirmar por correo que vas o día 27. Se non o estabas, aínda estás a tempo de sumarte escribindo un correo a pinturarapida@picnicsesions.gal.

A programación musical queda da seguinte forma: Pakolas, Law e Chungo Pastel o sábado 26 e Brais das Hortas, Anxo Araújo e Phantom Club o domingo. O sábado de mañá terá lugar o roteiro forestal e o domingo pola tarde o espectáculo de danza e acrobacias da Fundación IgualArte Volta na rúa.

As PICNIC SESIÓNS son un deses festivais de pequeno formato, ideais para pasar unha xornada en familia, nun espazo agradable e con boa música. As anteriores edicións, que se celebraron en meses variados, gozaron dunha moi boa acollida debido á variedade de actividades e á interesante programación musical. Polo seu escenario, pasaron artistas e grupos como Family Folks, The Manueles, Su Garrido Pombo, Black Stereo, Nadie González, The Mirror ou Peter Punk.

Máis

Hora

26 abril, 2025 11:00 - 27 abril, 2025 21:00(GMT+02:00)

Localización

Baixada á Praia, Saians

Baixada á Praia, 83

Other Events