CAMELIAS MASCOTAS

Son da Industria

22xuñ20:00Son da IndustriaFESTIVAIS E FEIRAS | De balde20:00(GMT+02:00) Parque de Joaquín García Picher

Detalles do eventos

A Asociación As da Industria xunta dúas das súas festas máis populares nunha mesma fin de semana: O Son da Industria e o San Xoán. Ambas xornadas son no Parque García Picher e de balde.

As actividades comezan o sábado pola mañá, cun roteiro que sairá do propio parque de García Picher ás 11:00 h para apañar as herbas de San Xoán; que como manda a tradición empregaremos deixaremos en auga durante a noite de San Xoán para lavar a cara o luns pola mañá.

A festa comeza o mesmo sábado a partir das 20:00 h coa celebración dunha nova edición do festival Son da Industria que arranca coa artista oral María da Pontragha e continúa ás 21:00 h coa actuación das pandereteiras Bouba. Ás 22:00 asistiremos a presentación de ‘Desfacer o medo’, un proxecto desenvolvido por catro mulleres talentosas: Zeltia Irevire, Debajodelapalmera, Laura Lamontagne e Paula Pier. O fin de festa correrá a cargo de Leria, un cuarteto de ‘indie’ en galego que está dando moito que falar.

O domingo 23 instalarase a tradicional cacharela de San Xoan e haberá actuacións musicais de Blues do País e Sun Iou, ademais dunha xincana de corresponsabilidade a cargo de Prisma Igualdade. Tampouco faltarán as sardiñas asadas e haberá comida vegana.

Máis

Hora

22 xuño, 2024 20:00(GMT+01:00)

Localización

Parque de Joaquín García Picher

Rúa da Coruña, 59, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events