CAMELIAS MASCOTAS

As Cunchas despide cunha festa a primeira tempada da versión galega do bocadillo de 'The Bear'

27xan12:00As Cunchas despide cunha festa a primeira tempada da versión galega do bocadillo de 'The Bear'GASTRO | De balde12:00(GMT+01:00) As Cunchas

Detalles do eventos

Este sábado 27 o restaurante As Cunchas, situado na rúa Tomás Alonso 117, despide a primeira tempada do seu popular bocata baseado na serie The Bear. Este manxar está composto por carne de vaca galega, queixo do país e pementos da horta.

Para despedilo como merece haberá sesión musical con DJ Cami, fabada con faba de Lourenzá e un sorteo especial. Todo isto a partir das 12:00 do mediodía.

O equipo de As Cunchas, composto por María Afonso, o seu marido Gonzalo, coñecido como o “chef Gudini”, e o seu irmán Xacobe, fixeron unha investigación exhaustiva sobre o auténtico bocadillo de tenreira e pementos do restaurante “The Original Beef of Chicago”, escenario principal da primeira tempada da serie, ata crear a súa propia versión con salsa de queixo galego e un pan a medio camiño entre o noso e o estadounidense, máis suave e doce.

Máis

Hora

27 xaneiro, 2024 12:00(GMT+01:00)

Localización

As Cunchas

Rúa Tomás Alonso 117

Other Events