
Detalles do eventos
presentación do libro de Daniel Pino, “As casualidades necesarias”, editado por Autografía. Intervirán: Xoán Manuel Estevez, de Pertenza; Xavier Rivas, arquitecto; Helena Pérez, editora e o
Detalles do eventos
presentación do libro de Daniel Pino, “As casualidades necesarias”, editado por Autografía.
Intervirán: Xoán Manuel Estevez, de Pertenza; Xavier Rivas, arquitecto; Helena Pérez, editora e o autor, Daniel Pino
Dicía J.L. Monod que en todo acontecer biolóxico, ontolóxico, social ou individual están presentes o azar e a necesidade. Esta novela é ela mesma produto de ámbolos dous elementos.
As casualidades, que outra cousa non é o azar, aparecen constantemente entrelazándose coa necesidade nas vidas das e dos protagonistas, envolvidas nun relato que tal como acontece coas matrioskas, se vai abrindo para amosar as diferentes escalas de aproximación a esas vidas, máis tamén ao espazo no que suceden os acontecementos e o tempo do que se quere bocetar con pinceladas impresionistas a Galicia, nomeadamente, a das Rías Baixas, nunha particular óptica do seu devalar do século XX.. Un relato de amor e desamor, de afáns e de arelas, cumpridas ou abortadas, servíndose dunha narrativa múltiple e de escenarios tanto reais como imaxinarios, no que presentar tanto as grandezas como as miserias.
Máis
Hora
1 xuño, 2022 20:30(GMT+02:00)
Localización
Libraría Cartabón
Calle de Urzáiz, 125, 36205 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualmaio
- Mes actual