As Candelas e San Brais
Detalles do eventos
O 1, 2 e 3 de febreiro celébranse as festas de As Candelas e San Brais en Castrelos. Programación Sábado 1 de
Detalles do eventos
O 1, 2 e 3 de febreiro celébranse as festas de As Candelas e San Brais en Castrelos.
Programación
Sábado 1 de Febreiro: as festividades comezarán ás 19:30 h coa charanga Os Jalácticos seguida dos DJ´s Bastos e América.
Domingo 2: comezan os actos ás 09:00 h cunha salva de bombas en honra á nosa Sra. das Candeas. Ás 10:30 h entrará no recinto a Banda Agrupación Musical de Vincios e ás 10:45 h o grupo de gaitas Lume de Cana. Ás 12.00 h a Banda Agrupación Musical de Vincios ofrecerá un concerto e ás 12.30 h terá lugar a misa maior cantada pola Coral Novos Aires de Nigrán, seguida de procesión con acompañamento de ambas as formacións musicais. Acto seguido levará a cabo unha homenaxe aos avós da parroquia e o concerto da banda e grupo de gaitas.
A partir das 19.30 h comezarán as actuacións de Ángel América e trío A Noite do Grove.
Luns 3: esta xornada de festexos comezará ás 09: 00 h cunha salva de bombas en honra a San Blas. Ás 10.30 horas a charanga Noroeste entrará no recinto e ás 12:30 h oficiarase a misa maior cantada pola Soprano Beatriz Riobó e a organista Marta Barreiro, con posterior procesión, con acompañamento da citada charanga. A continuación, sorteo da torta do socio e concerto da charanga.
Pola tarde, a partir das 19:30 h, a charanga Noroeste e o trío Nostalxia animarán aos presentes coa súa música.
Máis
Hora
1 febreiro, 2025 19:30 - 3 febreiro, 2025 19:30(GMT+01:00)
Localización
Igrexa de Santa María de Castrelos
Rúa dos Mestres Goldar, 16, 36201 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes