VIALIA
GIRANDO POR SALAS

16abr10:00ArteSá vén animar a Semana Santa coas Xornadas Arte SantaFESTIVAIS E FEIRAS | Caixa inversa10:00(GMT+02:00) Centro ArteSá

Detalles do eventos

O Centro ArteSá, iniciativa impulsada polo historiador de arte Jorge Sánchez e a graduada en Belas Artes Sabel Sabín, é unha sala de exposición, taller artístico e lugar de impartición de cursos e obradoiros sobre pintura e historia da arte. ArteSá tamén ofrece a posibilidade de organizar eventos privados, así como de integrar actividades creativas na experiencia.

Este ano, abre as súas portas o día 16 de abril nunha xornada especial de Semana Santa con multitude de obradoiros de todo tipo, tanto para os cativos da casa como para os aultos. Ademais, tamén se poderá disfrutar de charlas e coloquios con especialistas en historia, arte e literatura, entre outras moitas actividades.

A entrada é de balde e funciona como caixa inversa: podes aboar a cantidade que consideres oportuna. Se estas interesado en participar nalgún dos obradoiros, é preciso que contactes co centro a través do seu instagram (@centroartesa), a través do seu correo artesacentrodearte@gmail.com ou a través de WhatsApp (643 617 295) para reservar a túa praza.

Máis

Hora

16 abril, 2025 10:00(GMT+02:00)

Localización

Centro ArteSá

Rúa/ Pi y Margall 49, Vigo

Other Events