Arranca a 8ª edición do CityBlue Films Festival coa estrea mundial dun documental sobre Paco Roca
Detalles do eventos
Do 11 ao 14 de decmebro celébrase a oitava edición do CityBlue Films Festival. Este ano participaron 832 películas de 42
Detalles do eventos
Do 11 ao 14 de decmebro celébrase a oitava edición do CityBlue Films Festival. Este ano participaron 832 películas de 42 países, das cales foron seleccionadas e serán proxectadas 32 películas con ENTRADA GRATUÍTA.
Para esta edición, o Premio Honorífico é para BAÑOS FILMS, unha empresa distribuidora cinematográfica viguesa consolidada, que leva máis de 70 anos realizando un labor moi importante no sector, apoiando ás películas para que poidan chegar a todos os públicos en Galicia.
A actriz viguesa Sabela Hermida exercerá de presentadora da Gala e entrega de premios e o actor Nano Rivas estará encargado de presentar e animar as proxeccións estudantís e infantil.
O prato forte é a ESTREA MUNDIAL de dúas longametraxes en competición: PACO ROCA, DIBUJANDO LA VIDA de Batiste Miguel, documental coproducido por RTVE e Docu Producións. E SIN ALMA de Iago Barrado, que é unha aposta polo cinema independente galego.
Na sección competitiva internacional de curtametraxes, e a sección de curtametraxes Galicia tamén contan cunha interesante programación, varios deles estreas e outros que foron seleccionados e nomeados en varios festivais internacionais.
Na Sección Estudantil Galicia as curtametraxes serán proxectados no Auditorio do Concello de Vigo e reciben o voto do público. E para os máis pequenos contan cunha divertida programación, onde os nenos e nenas a parte de gozar dunha tarde de cinema presentada por Nano Rivas, serán os encargados de votar á mellor curtametraxe infantil.
E a sección internacional estudantil, que serán proxectados na Escola de Imaxe e Son de Vigo e os alumnos encargaranse de votar a mellor curtametraxe.
Máis
Hora
11 decembro, 2024 18:30 - 14 decembro, 2024 20:30(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualdecembro
Séguenos nas redes