20febTodo o día27mar'Árbores no xardín'ARTE E MUSEOS | De balde(Todo o día)(GMT+01:00) A Morada
Detalles do eventos
Neste lenzo de xardíns secretos, onde as cores e as pinceladas son refuxio, a exposición revela a súa alma nun proceso lento e constante de
Detalles do eventos
Neste lenzo de xardíns secretos, onde as cores e as pinceladas son refuxio, a exposición revela a súa alma nun proceso lento e constante de creación. O xardín, ese santuario de calma e vida, despregase ante nós, medrando e completándose nunha danza continua. As flores e follas que unha vez emerxeron timidamente, agora vense acompañadas por árbores que alzan a súa maxestosidade cara ao ceo.
Este é o relato que podo compartir ata agora, aínda que eu mesma, atrapada no misterio do proceso creativo, non sei exactamente que pinto nin cara a onde me levará este camiño. Atopo inspiración na natureza próxima, na poesía, na música e nas miniaturas persas, intentando absorber a súa esencia e recreándoas coa miña propia voz imperfecta e asimétrica desde a miña humildade.
Fuxo da perfección, atopando a felicidade no medio do desequilibrio. Perdida sen desexo de atopar un sendeiro fixo, déixome levar polo labirinto da creación, gozando das pequenas procuras e descubrimentos que xorden en cada esquina. Non teño présa por abandonar este labirinto, pois no seu enigma atopo a miña liberdade.
Mina Shayan @mimshayan
Do 20 de febreiro ao 27 de marzo
Inauguración 20 de febreiro ás 19:30
Máis
Hora
20 febreiro, 2025 - 27 marzo, 2025 (Todo o día)(GMT+01:00)
Localización
A Morada
R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra