
15mai18:00Aniversario Rebullón: ITH e The BrokeCONCERTOS | De balde18:00(GMT+02:00) Sala Rebullón
Detalles do eventos
(Foto destacada: Emma Ovín) O vindeiro 15 de maio a Sala Rebullón cumpre 4 anos de programación. Para celebralo contaremos con ITH de Xanceda, e
Detalles do eventos
(Foto destacada: Emma Ovín)
O vindeiro 15 de maio a Sala Rebullón cumpre 4 anos de programación. Para celebralo contaremos con ITH de Xanceda, e The Broke de Moaña, duas das bandas galegas de rock&roll que máis nos sorprenderon nos últimos anos.
Por iso, queremos agasallarvos con estes dous concertos!
ITH dá nome ao grupo de Xanceda (Mesía) que forman Lucía da Fonte (voz), Miguel Iglesias (guitarra e coros), Toxo (guitarra), Gonzalo Suárez (baixo e coros) e Alberto Vilas (batería). A música de Ith guíase polas influencias de diversos grupos do rock, do heavy ou do pop, que achegan cada unha das súas integrantes.
The Broke o forman Guillermo Santomé (voz e guitarra), Óscar Rosales (guitarra), Jose Sánchez (baixo) e Yavhe Álvarez (batería). The Broke é unha banda repleta de emocións bañadas en música rock. Rock clásico que soa moi actual.
Podedes recoller as vosas invitacións na Cantina As Pedriñas ou reservalas enviando un mail a reservasrebullon@gmail.com indicando no asunto “IV Aniversario” e deixando un teléfono de contacto.

Máis
Hora
15 maio, 2021 18:00(GMT+02:00)
Localización
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain
Hoxe móvese
Mes actualmaio
- Mes actual