PORTAMERICA
REVISTA NADAL

Ailá 

22dec19:00Ailá CONCERTOS | 10,00€19:00(GMT+01:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

Ailá presenta “Tradimensional”, o seu cuarto e novo traballo de estudio, na sala Rebullón este domingo, 22 de decembro, ás 19 horas, con entradas a 10 euros.

“Tradimensional” é toda unha declaración de intencións: unha homenaxe á música e ao baile tradicionais, a esas vivencias que constrúen identidade e viaxan do pasado ao futuro da man das cantareiras, das mestras pandereteiras, das bailadoras e das e dos tocadores de instrumentos.Como afirma a banda, “cantamos, tocamos e bailamos as nosas músicas tradicionais para manter viva a alma dun pobo. Deste xeito facemos país: pasado, presente e futuro ondeando a bandeira da súa cultura”. Con este espírito xurde “Tradimensional”: o soño dun país unido nas súas músicas tradicionais.

Ailá é un dos representantes máis novos do Tradi, un xénero que excede ao musical no que a danza e a música pasan a converterse nun xeito de entender a vida, un xeito de estar no mundo.A proposta desta formación está inspirada no respecto á tradición e á música patrimonial galega, pero cunha visión sen fronteiras, mesturada con aromas, ritmos e cores doutros lugares e doutras culturas, aberta ao mundo sen complexos e, sobre todo, coa ilusión e curiosidade de todo aquel que ama o que fai.Como amosarán este domingo na sala Rebullón, Ailá atópase no seu mellor momento. Os de Compostela veñen de alzarse co premio Martín Códax da Música 2023 na categoría de Música Tradicional, foron seleccionados para representar a Galicia no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2024, no WOMEX 2023 (a maior feira de industrias musicais do mundo), no Festival Interceltique de Lorient 2023 e no Celtic Connections de Glasgow 2020. No 2024 tamén foi unha das propostas galegas escollidas para o stand de Galicia no FITUR.

Máis

Hora

22 decembro, 2024 19:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events