VIALIA
HEAVY LUNGS

Adrian Timms

26out21:00Adrian TimmsCONCERTOS | Desde 10,00€21:00(GMT+02:00) Radar Estudios

Detalles do eventos

O cantante e multiinstrumentista ADRIAN TIMMS volve ao Radar para estrear en Vigo o seu novo proxecto.

Última oportunidade para escoitar os adiantos do seu próximo disco, antes de encerrarse no estudo.

Defende as súas cancións de pop-alternativo cun show en solitario, moderno e atípico, no que recrea a forza dunha banda completa sumando numerosas capas de sons en rigoroso directo. Destaca pola sensibilidade da súa impoñente voz, a súa forma de interactuar co público como “frontman” e o seu son orgánico-electrónico.

Ademais dos adiantos do seu segundo LP, poderemos gozar co seu último single “Soldiers Dance On TikTok” e unha selección do seu primeiro disco 100% acústico: “Part Won”.

Entradas

Máis

Hora

26 outubro, 2024 21:00(GMT+02:00)

Localización

Radar Estudios

Rúa Iglesias Esponda, 30, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events