29mar16:15Actividades Vigo NaturePEQUECHOS | -16:15(GMT+01:00) Vigo Nature

Detalles do eventos

Programación do 28 ao 30 de marzo:

Venres 28 de marzo:

  • 13:00h > Alimentación de fauna. Este é o horario de comida das tartarugas e iguanas. É na planta 0 do exotarium onde poderás observar a súa dieta.
  • 16:15h > Plantas con raíces comestibles. Obradoiro no que se experimentará como ter no noso horto plantas das que se aproveita a súa raíz: cenoria, ravaniño, remolacha ou pataca, por medio de sementeira directa ou en macetiña, que poderemos levar a casa. Para máis de 4 anos.
  • 17:15h > Os organismos descompoñedores: Os nosos amigos. Obradoiro no que se coñecerán de preto os organismos descompoñedores, fundamentais na transformación da materia orgánica e a creación do compost co que se elabora o sustrato que nutre á nosa horta. Para máis de 4 anos.
  • O ceo nocturno. Aprenderás a orientarse no decurso da noite, e como recoñecer as principais constelacións, estrelas e planetas visibles na data actual, xunto con pequenas pinceladas de mitoloxía e da historia da Astronomía. Para máis de 7 anos.
  • 18:15h > Os animais do exotarium. Actividade divulgativa realizada no auditorio e na cal coñecerás a fondo as características dos animais do exotarium, as súas curiosidades, bioloxía e poderás manipular algunhas das especies máis representativas.

Sábado 29 de marzo:

  • 13:00h > Alimentación de fauna. Este é o horario de comida das tartarugas e iguanas. É na planta 0 do exotarium onde poderás observar a súa dieta.
  • 16:15h > Bombas de semente ‘Nendo Dango’. Obradoiro no que elaboraremos unhas bolas recheas de sementes, elaboradas con distintos materiais, que despois poderemos lanzar en diferentes terreos para que estoupen xerminando. Para máis de 4 anos.
  • 17:15h > Biodetectives na horta. Obradoiro no que se coñecerán de preto os organismos descompoñedores, fundamentais na transformación da materia orgánica e a creación do compost co que se elabora o sustrato que nutre á nosa horta. Para máis de 4 anos.
  • Exoplanetas. Un exoplaneta é un planeta que orbita unha estrela diferente do Sol, e polo tanto pertence a un sistema planetario que non é o sistema solar. Aventúrate con nós no misterio da orixe da vida e a súa busca ao longo do universo e poderás crear o teu propio exoplaneta! Para máis de 7 anos.
  • 18:15h > O mundo dos astrópodos. Poderás tocar e coñecer de primeira mán moitas curiosidades e características de varias especies deste grupo tan interesante de animais: insectos pau, cascudas, escaravellos, bolboretas, milpés, escorpións e tarántulas. Para máis de 6 anos.

Domingo 30 de marzo:

  • 13:00h > Alimentación de fauna. Este é o horario de comida das tartarugas e iguanas. É na planta 0 do exotarium onde poderás observar a súa dieta.
  • 16:15h > Ecobriquetas. Participa neste obradoiro de reciclaxe de papel e elementos naturais onde fabricaremos ecobriquetas a través de papel reciclado, e coñecerás a importancia da reciclaxe e do uso das enerxías renovables no mundo actual.
  • 17:15h > Planetario: O sistema solar. Consitirá nunha pequena charla para dar a coñecer os misterios do noso sistema solar e nunha proxección no noso renovado planetario onde poderás viaxar de forma virtual aos distintos planetas que o conforman.
  • 18:15h > Camuflaxe animal. Asiste a este obradoiro con animais vivos onde poderás coñecer as diferentes estratexias de clamufaxe que empregan as distintas especies para sobrevivir.

Reservas de luns a venres no teléfono +34 986 267 783 e os sábados e domingos de forma presencial. Máis información no correo electrónico taquilla.vigonature@vigo.org

Máis

Hora

29 marzo, 2025 16:15(GMT+01:00)

Localización

Vigo Nature

Plaza de Los Leones, s/n, 36316 Vigo, Pontevedra

Other Events