REVISTA ABRIL

26abr20:00A Orquestra Vigo 430 'revive' un instrumento esquecido na historiaCONCERTOS | 10,00 €20:00(GMT+02:00) A Sede RC Celta

Detalles do eventos

A Orquestra Vigo 430 ofrecerá este sábado 26 de abril a oportunidade única de escoitar unha xoia musical barroca case esquecida na historia. O concerto Souvenirs da corte Esterhazy: Un instrumento para un príncipe brindará unha viaxe ao mundo sonoro do Baryton, un instrumento híbrido entre a viola da gamba e o laúde, da man da artista internacional Maddalena del Gobbo. O directo será ás 20:00 horas no Salón Regio de ‘A Sede’ (RC Celta) e as entradas están dispoñibles en Ticketrona.

Será unha oportunidade única para o público de Vigo de descubrir a sonoridade deste instrumento, o favorito do príncipe Nikolaus Esterházy –mecenas de Joseph Haydn – nun contexto parecido ao orixinal do Baryton. O Salón Regio de ‘A Sede’ presenta semellanzas a un salón palaciego da Europa do século XVIII, momento no que máis soou o instrumento entre os círculos aristocráticos. “Será unha velada de exquisita beleza e historicismo”, asegura o director artístico da Orquestra Vigo 430, Javier Escobar.

Experta no Baryton

O excepcional instrumento soará da man da aclamada intérprete Maddalena del Gobbo. A experta recoñecida internacionalmente polo seu labor na recuperación do Baryton ofrecerá un concerto acompañada por Ángela Neto (viola) e Isabel Figueroa (violonchelo), ambas pertencentes á plantilla habitual da Orquestra Vigo 430.

O programa, que será unha viaxe sonora ao mundo do Baryton, inclúe obras de Joseph Haydn, Luigi Tomasini e Andreas Lidl, compositores que escribiron para a corte dos Esterházy, onde o instrumento gozou dunha enorme popularidade. Esta proposta musical únese ao traballo discográfico de Del Gobbo, que plasmou este repertorio no álbum Maddalena and the Prince, editado polo prestixioso selo Deutsche Grammophon.

Máis

Hora

26 abril, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

A Sede RC Celta

Sede Real Club Celta de Vigo

Other Events