Detalles do eventos
A Orquestra Vigo 430 dá á benvida á primavera cun dobre concerto na cidade olívica os días 20 e 21 de marzo protagonizados por intérpretes
Detalles do eventos
A Orquestra Vigo 430 dá á benvida á primavera cun dobre concerto na cidade olívica os días 20 e 21 de marzo protagonizados por intérpretes de gran prestixio internacional. O primeiro programa ofrecerá unha viaxe a través do tempo e do xénero cuartetístico da man da prometedora formación Cuarteto Talos. O segundo, brindará ‘Os son do corazón do romanticismo’ coa oportunidade única de escoitar un excepcional violín Stradivarius baixo o virtuosismo da artista Sonoko Miriam Welde e o director José Luis López Antón.
Programación:
Este dobre concerto da Vigo 430 comezará o xoves 20 de marzo 20:00 horas baixo o título ‘De Haydn a Barók: a evolución dun xénero’. O Salón Regio de ‘A Sede’ será o escenario dun extraordinario directo da man do Cuarteto Talos, unha das formacións máis prometedoras da escena actual. Formado por Leo Appel, Hana Mizuta-Spencer, Alinka Rowe e Katarina Leskovar, o cuarteto interpretará algunhas das obras clave para entender a evolución do xénero cuartetístico compostas por Haydn, Elgar e Bartok. “Trátase dunha viaxe a través do tempo e do estilo, que promete revelar a beleza e a intensidade deste formato íntimo e apaixonante”, asegura o director artístico da formación viguesa, Javier Escobar.
O dobre programa para este mes de marzo da Orquestra Vigo 430 continuará ao día seguinte, o venres día 21 ás 20:00 horas. O Auditorio Martín Códax será o marco no que a formación viguesa interpretará o seu programa ‘Sons do corazón: harmonías do romanticismo’. O directo estará marcado polo lirismo e a forza expresiva do xénero que caracterizaron compositores como Mendelssohn e Brahms.
Máis
Hora
21 marzo, 2025 20:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Martín Códax
Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualabril
- Mes actual