A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv2211presenta a nova tempada
Detalles do eventos
Esta semana a Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv2211 presentou a nova tempada 2024/2025 Amancio Fernández, tesoureiro da Asociación Kv2211 e portavoz da mesma,
Detalles do eventos
Esta semana a Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv2211 presentou a nova tempada 2024/2025
Amancio Fernández, tesoureiro da Asociación Kv2211 e portavoz da mesma, perfilou a tempada que da comezo o sábado 30 de novembro ás 20 horas, cun concerto novedoso adicado á música cubana e que estará dirixido polo compositor e mestre cubano Guido López-Gavilán. Este primer concerto, baixo o título “Saudade de Cuba”, celébrase no teatro do Cine Salesianos de Vigo, “xa que queremos darlle un maior impulso”, matizou.
José Manuel Fernández, director da Orquestra XuvenilKv2211, puxo en valor o vindeiro concerto “Saudade de Cuba” por ser una experiencia formativa diferente, difícil e moi interesante para os mozos e mozas da Orquestra. “A música cubana é una mestura, e produto da transculturación da música de diversas orixes” e é un compositor e mestre moi relevante “que elevou a música tradicional cubana á música orquestral”. Neste senso, o director da Orquestra Xuvenil explicou que “a música cubana é moi complicada porque é moi sincopada e para os mozos e mozas da Orquestra Xuvenil é un reto adaptar os ritmos aos que están afeitos a estos ritmos sincopados. Este concerto é unha masterclass e realmente están facendo un gran esforzo. Xa é un éxito dende o punto de vista formativo”, sentenciou.
Amancio Fernández engadiu que a programación da OrquestraKv2211 busca potenciar as datas máis relevantes para a cidade, como o Nadal e a Reconquista. “E temos un empeño especial que é difundir a música clásica polas parroquias viguesas, que ten moito éxito nas mesmas; un ciclo no que se involucran os centros culturais das mesmas”. E agradeceu ao Concello de Vigo a súa implicación xa que esta programación formativa e cultural “sería case irrealizable sen a participación e colaboración do Concello de Vigo”.
Vindeiras datas
Todos os concertos da Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, son gratuitos. Ademáis do concerto “Saudade de Cuba”, con entrada inversa -isto é, entrada gratuita e ao sair quen poda e queira pode deixar a súa aportación–, as vindeiras datas serán:
– Concerto de Nadal, o domingo 22 de decembro ás 12 horas no Auditorio do Concello de Vigo.
– Concerto de Aninovo, o sábado 11 de xaneiro ás 19 horas no Centro Cultural de Beade.
– Concerto “Música para unha Reconquista”, como xa é tradicional na Basílica de Santa María de Vigo, e coma apertura ás festas da Reconquista de Vigo no mes de marzo.
– Concerto de Verán, o venres 20 de xuño ás 20 horas no Auditorio do Concello de Vigo.
– Concerto “Música clásica polas parroquias”, no mes de outubro en datas por determinar.
Sobre a Orquestra
A Orquestra Infantil e Xuvenil de VigoKv2211 constituíuse no ano 2017 e actualmente está formada por máis de 60 músicos de corda, percusión e piano de Vigo, Tui, Porriño, Nigrán, Baiona, Gondomar, Santiago de Compostela, Mos e Ourense. Ademáis da Orquestra Xuvenil, dirixida por José Manuel Fernández, e a Orquestra Infantil, por Raquel Fernández, conta con Ensemble de Cordas, formado por músicos da Orquestra Xuvenil, o Ensemble de Chelos, baixo a dirección de Miriam Fernández que integra a todos os chelistas das dúas orquestas, e o Coro de Pais, Nais e Amigos e Amigas da Kv2211 que participan, ocasionalmente nos concertos.
Máis
Hora
30 novembro, 2024 20:00(GMT+01:00)
Localización
Teatro Salesianos
Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes