VIALIA
Encordass Fiddle Fest

SondeSeu con SÉS, Hirahi Afonso e Daniel Pereira

24mai20:30SondeSeu con SÉS, Hirahi Afonso e Daniel PereiraCONCERTOS | Desde 12,00 €20:30(GMT+02:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

SonDeSeu presentará en Vigo ‘Entreterras’, un novo directo no que as músicas de raíz de SÉS, Hirahi Afonso e Daniel Pereira transforman o repertorio da orquestra. A cita é o 24 de maio ás 20:30, no Teatro Afundación de Vigo.

 Entreterras é o novo proxecto de SonDeSeu, no que a Orquestra Folk de Galicia se acompañará de artistas comprometidos coa innovación e o respecto ás músicas tradicionais dos seus territorios. A galega SÉS, o portugués Daniel Pereira e o canario Hirari Afonso compartirán escenario co medio cento de intérpretes de SonDeSeu nesta nova proposta musical.

Nesta ocasión, SonDeSeu propón ao público unha viaxe sonora a través de dous concertos semiacústicos, con arranxos e adaptacións que nacen das creacións de artistas de referencia nos seus territorios. “Escollimos figuras que destacan polo seu compromiso coa cultura de cadanseu lugar e mais pola súa innovación e o seu respecto á tradición tanto á hora de compoñer e producir como de interpretar”, sinala o presidente de SonDeSeu.  

Entradas: Xa é posible adquirir as entradas para o concerto de Vigo na plataforma ataquilla.com

Máis

Hora

24 maio, 2024 20:30(GMT+02:00)