A Orquestra Vigo 430 trasládanos ao final do Barroco cun concerto na Colexiata
Detalles do eventos
O programa número IV da tempada 2023/24 «Orixes» da Orquestra Vigo 430 trasladaranos a pleno século XVIII cun orixinal e fermoso repertorio que teremos ocasión
Detalles do eventos
O programa número IV da tempada 2023/24 «Orixes» da Orquestra Vigo 430 trasladaranos a pleno século XVIII cun orixinal e fermoso repertorio que teremos ocasión de escoitar o vindeiro sábado 27 de xaneiro ás 20:00 horas na Colexiata de Vigo.
Un repertorio enmarcado nun estilo que imperou durante o período de transición entre o barroco e clasicismo: o estilo galante. Exemplos rutilantes diso serán as interpretacións dos concertos para viola de gamba de Graun e o concerto para trompa de Förster, co extremado virtuosismo que requirirán ás solistas. Tamén poderemos escoitar un concerto para violín, neste caso composto polo máis prolífico dos compositores das postrimerías do estilo barroco, como foi Telemann.
A enorme orixinalidade pois deste concerto radica no repertorio que o compón, así como no feito pouco habitual de poder escoitar un concerto para viola de gamba e outro para trompa nun mesmo programa. Unha oportunidade única de escoitar esta música a cargo de tan excepcionais solistas e cunha orquestra que a interpretará tanto con instrumentos históricos, así como con técnicas similares ás que imperaban no momento histórico da súa creación.
Amarilis Donas: viola dá gamba
Mariantonia Riezu: trompa
Sophie de Bardonnèche: violin solista & dirección
Orquestra Vigo 430
Sábado 27 de xaneiro ás 20:00 h
Basílica de Santa María de Vigo (Colexiata)
Entrada libre ata completar aforo
Máis
Hora
27 xaneiro, 2024 20:00(GMT+01:00)
Localización
Praza da Igrexa (A Colexiata)
Praza Igrexa, 10, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualnovembro
Séguenos nas redes