CAMELIAS MASCOTAS

Ópera en Castrelos: 'Rigoletto'

09ago22:00Ópera en Castrelos: 'Rigoletto'ESPECTÁCULOS | De balde22:00(GMT+02:00) Parque Castrelos

Detalles do eventos

O Concello local suma unha nova e sorprendente actuación para Castrelos, dentro do programa de verán Vigo en Festas: a ópera Rigoletto. Esta ópera en tres actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Francesco Maria Piave, baseado na obra teatral Le roi s’amuse de Victor Hugo e estreada en Venecia en 1851, terá lugar no auditorio vigués o venres 9 de agosto. Durará unhas dúas horas e o foso contará con 2500 cadeiras. Con este espectáculo o alcalde Abel Caballero quere recuperar a tradición, perdida desde había anos, de programar zarzuelas en Castrelos.

Programación de Castrelos e os cachés dos artistas:

13 xullo – Dani Fernández – 121.000 €
17 xullo – Una casita con encanto (infantil) – 18.137,90 €
20 xullo – Coral Casablanca – 44.165 € (adiado ao día 27 por chuvia)
23 xullo – Luis Fonsi – 245.630 €
25 xullo – Sen Senra – 116.765 €
31 xullo – Las orejas de mariposa (infantil) – 10.012,75 €
2 agosto – Luz Casal – 167.585 €
3 agosto – Aitana – 786.500 €
5 agosto – La cajita de los sueños (infantil) – 17.774,90 €
7 agosto – UB40 – 291.368 € (CANCELADO)
9 agosto – Ópera: Rigoletto – 48.763 €
12 agosto – Cantajuego (infantil) – 46.101 €
14 agosto – Víctor Manuel – 205.700 €
16 agosto – Vetusta Morla e Xoel López – 332.750 €
17 agosto – Melendi – 350.900 €

Máis

Hora

9 agosto, 2024 22:00(GMT+01:00)