V Aniversario revista A Movida
Detalles do eventos
Hai movidas que só pasan en Vigo. Ese é o lema da campaña coa que empapelamos as rúas da cidade nas últimas semanas. As Peaky
Detalles do eventos
Hai movidas que só pasan en Vigo. Ese é o lema da campaña coa que empapelamos as rúas da cidade nas últimas semanas. As Peaky Branders aliáronse connosco e deseñamos este xogo urbano para quecer o ambiente cara á festa do 5.º aniversario desta publicación. En 2018, A Movida xurdiu en formato dixital a través da web amovida.gal e en setembro dese ano a través da revista en papel. Venres 13 —sen supersticións—, cun V que representa os cinco anos que levamos e a inicial de Vigo, organizamos unha festa no salón rexio da sede do RC Celta.
No evento tamén se fará entrega dos primeiros Premios A Movida á cultura viguesa. Ledicia Costas recibirá o galardón ao creador/a vigués pola súa traxectoria, Fillas de Cassandra recollen o premio a novo proxecto cultural, a Sala Kominsky destácase na categoría de negocio vigués que apoia a cultura e por último Laura Mellinas recibe o galardón ao talento vigués.
Con motivo deste V centenario publicamos unha revista especial, o número 50, que verá a luz o propio venres 13. No 2021, A Movida propuxo a dez escritores ligados a Vigo a angueira de confeccionar unha ficción colectiva ambientada nesta cidade. Ledicia Costas iniciou un relato cuxo ronsel foron seguindo, capítulo a capítulo, Pedro Feijoo, María Reimóndez, Domingo Villar, María Xosé Porteiro, Marcos Calveiro, Francisco Castro, Manuel Esteban, Rexina Vega e Inma López Silva. A historia foise sucedendo nas páxinas da revista A Movida entre maio de 2021 e abril de 2022. Agora, co apoio da Deputación de Pontevedra, publícase este número especial no que por fin recóllense eses dez relatos de forma conxunta acompañados das ilustracións da tamén viguesa Bea Gregores.
PROGRAMA:
19:00 – Apertura de portas coa música da DJ Beatriz Fernandes
19:30 – ‘Man a man’ de poesía con Silvia Penas e Pompa&Boato
20:00 – Entrega dos Premios A Movida 2023
20:40 – Presentación Revista especial A Movida nª 50
21:00 – Concerto de Sanny con banda
22:00 a 23:00 – Picada de música coa DJ Beatriz Fernandes
Na propia festa estarán á venda as camisetas, libretas e chapas que fixemos con motivo da campaña de Vigo en costas.
A festa é de acceso libre ata completar o aforo e podémola celebrar grazas ao patrocinio de Mahou, Impenta Feito, Viña Costeira, Dixtinta e El Trigal.
Máis
Hora
13 outubro, 2023 19:00 - 23:00(GMT+01:00)
Localización
A Sede RC Celta
Sede Real Club Celta de Vigo
Hoxe móvese
Mes actualnovembro
Séguenos nas redes