CAMELIAS MASCOTAS

IX Andaina polos Montes de Vigo

12mai09:00IX Andaina polos Montes de VigoACTIVIDADES DEPORTIVAS | De balde09:00(GMT+02:00) Parque Forestal de Saiáns

Detalles do eventos

Concello de Vigo, a través da Concellería de Medio Ambiente, bota a andar a IX Andaina polos dos montes de Vigo, en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo e co patrocinio de Vegalsa-Eroski. Terá lugar o domingo 12 de maio, pola mañá, sendo a base de operacións o Parque Forestal de Saiáns.

Nesta nova edición da Andaina polos Montes de Vigo, na que se espera que participen un millar de vigueses e viguesas, propóñense tres distancias, sendo a máis longa de 19,8 km, a media de 8,4 km e a curta de 5,2 km. Paralelamente desenvolveranse actividades dirixidas ao público infantil. O obxectivo que se persigue con este evento é dar a coñecer os recursos dispoñibles nos montes periurbanos de Vigo: parques forestais e sendeiros locais, onde nos podemos achegar ao patrimonio natural, así como algúns dos miradoiros e espazos etnoarqueolóxicos máis destacados da cidade. Haberá ocasión de achegarse a algúns lugares singulares e contemplar unhas panorámicas únicas da cidade de Vigo.

O punto de partida para todas as modalidades é o Parque Forestal de Saiáns:

ANDAINA LONGA 19,8 km (tramo vermello e azul):  Parque Forestal de Pozos – Tránsito por Sendeiros locais de Matamá-Comesaña-Coruxo-Oia-Saiáns – Parque Forestal de Saiáns | dificultade alta
Características: pendente media 7,9% / -7,8% | pendente máxima 28,1%/-31,9% | desnivel 854m/-961m
Horario: Acollida en Parque Forestal de Saiáns (8:00) – Saída da lanzadeira de bus para o P.F de Pozos (8:45) – Inicio Andaina (9:00) 
Observacións: Atravesaranse algúns lugares singulares como o Miradoiro da Comunidade de Montes de Matamá, o Alto de Bandeira, o Castro Alto da Medoña e os Muíños de Estea.

ANDAINA MEDIA 8,4 km (tramo laranxa e azul):  Parque Forestal de Saiáns – Tránsito por Sendeiros local de Oia – Parque Forestal de Oia – Tránsito por Sendeiro local de Saiáns – Parque Forestal de Saiáns | dificultade media
Características: pendente media 8,7% / -9,6% | pendente máxima 34,0%/-34,6% | desnivel 415m/-415m 
Horario: Acollida en Parque Forestal de Saiáns (10:00) – Inicio Andaina (10:30) 
Observacións: Atravesaranse algúns lugares singulares como o Alto de Bandeira, o Castro Alto da Medoña e os Muíños de Estea.

ANDAINA CURTA 5,2 km (azul):  Parque Forestal de Saiáns – Parque Forestal de Oia – Tránsito por Sendeiro local de Saiáns – Parque Forestal de Saiáns | dificultade media-baixa
Características: pendente media 8,0% / -9,8% | pendente máxima 20,7%/-36,5% | desnivel 249m/-248m 
Horario: Acollida en Parque Forestal de Saiáns (11:00) – Inicio Andaina (11:30) 
Recomendación: para familias con fillas e fillos maiores de 6 anos.
Observacións: Atravesaranse algúns lugares singulares como  o Castro Alto da Medoña, os Muíños de Estea e os Piñeiros do Mundo.

PROGRAMA INFANTIL:

Neste caso participarán as familias ao completo, adaptando as actividades ás idades dos menores.

Peque-ruta “O monte de Vigo na primavera”: 2km aproximados
Destinatarios: Familias con fillos menores ata 6 anos
Horario: Acollida en Parque Forestal de Saiáns (11:00) – Inicio Andaina (11:30) 
Percorrido: entorno do Parque Forestal de Saiáns
Observacións: Coñeceremos singularidades dos montes de Vigo en primavera.

Xogos populares – Tiro con arco – Rastrexo.
Ao rematar as andainas nas que participen as familias, está prevista unha serie de actividades dirixidas aos máis cativos e cativas, como xogos populares, tiro con arco, rastrexo, etc. Actividades abertas para menores inscritos ata 12 anos.

Ao rematar as andainas entregarase un kit de peche (empanada, froita, bebida). Quen o estime oportuno poderá levar a comida e quedarse o resto do día a gozar do Parque forestal. 

Inscrición no 010 (986810260 dende móbil) desde o luns 29 de abril ata o venres 10 de maio, as 13:00 horas. 

Máis

Hora

12 maio, 2024 09:00(GMT+01:00)

Localización

Parque Forestal de Saiáns

36390 Vigo, Pontevedra

Other Events