VIALIA
GNIGHT

A feira Vegana.gal trae a Vigo o documental que os lobbies agrogandeiros non queren que vexas

27set20:15A feira Vegana.gal trae a Vigo o documental que os lobbies agrogandeiros non queren que vexasFESTIVAIS E FEIRAS | 7,90 €20:15(GMT+02:00) Cines Tamberlick (Plaza Elíptica)

Detalles do eventos

O vindeiro venres 27 de setembro ás 20:15, os cines Tamberlick da Praza Elíptica de Vigo acollerán unha proxección especial de ‘Food for Profit’, un documental dirixido por Giulia Innocenzi e Pablo d’Ambrosi que expón as presións exercidas polos lobbies agrogandeiros sobre as políticas da Unión Europea. Cun ritmo trepidante, a obra revela as estruturas de poder que manteñen e perpetúan un sistema alimentario que explota tanto aos animais como ao medio ambiente, afondando nas consecuencias éticas, sociais e ambientais deste modelo de produción. Food for profit, atópase entre as 19 películas italianas que competirán para designar o título candidato a representar a Italia nos Premios Óscar.

A proxección contará coa presenza do recoñecido activista en defensa dos animais Oscar Horta. Horta, profesor de filosofía moral na Universidade de Santiago de Compostela e membro da Fundación Ética Animal, ofrecerá unha breve charla posterior onde se abordarán os temas centrais do documental desde unha perspectiva ética e social.

O equipo de Vegana.gal aproveitará este evento para desvelar en exclusiva a programación completa da cuarta edición da feira, que se celebrará os días 26 e 27 de outubro no IFEVI de Vigo. O público asistente descubrirá as actividades e charlas previstas, nunha oportunidade única de coñecer de primeira man un dos eventos máis importantes do movemento vegano na península.

Para acompañar o evento, o equipo de Vanetta Food ofrecerá uns petiscos que supoñen unha alternativa vexetal ao sistema agroindustrial que denuncia o documental. Unha mostra de que é posible gozar da gastronomía sen sufrimento animal, cunha proposta ética, sostible e saudable.

Máis

Hora

27 setembro, 2024 20:15(GMT+02:00)

Localización

Cines Tamberlick (Plaza Elíptica)

Praza Francisco Fernández del Riego, s/n, Santiago de Vigo, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events