Este é un evento repetitivo31 outubro, 2020 21:00
A CONQUISTA DA ESCOLA DE MADHUBAI
Detalles do eventos
Sakundeva, bandida, perseguida pola policía e polo exército, acusada do asasinato de máis de trinta homes que a violaran tempo atrás e de numerosos asaltos a man armada,
Detalles do eventos
Sakundeva, bandida, perseguida pola policía e polo exército, acusada do asasinato de máis de trinta homes que a violaran tempo atrás e de numerosos asaltos a man armada, preséntase na humilde morada de Pandala, unha sabia anciá que a criou cando era nena e que é a única persoa do mundo na que confía. Pídelle quedar durante dous días agochada na súa casa, para poder meditar con tranquilidade que decisión tomar nunha disxuntiva transcendental que se lle presenta. Sen tempo para que ela puidese reflexionar, aproxímase xa ao lugar un ministro de Goberno, que fora o provocador da disxuntiva e que ven demandar unha resposta. A autora inspírase na historia de Phoolan Devi, coñecida como “a raíña dos bandidos”, quen foi unha destacada referencia para o feminismo autóctono indio. Con ese punto de partida, e facendo uso da capacidade extraordinaria que ten o teatro para servir de espello á sociedade que o contempla, Teatro do Atlántico chega a un discurso artístico atractivo e rigoroso poñendo en debate feitos que están a acontecer hoxe en moitos puntos da nosa contorna: as chamadas “manadas”; e ao tempo transitar por outros asuntos principais como: o dereito á educación, o impulso de rebeldía contra o maltrato, o concepto de liberdade, a complexa dialéctica entre lei e xustiza, o interese persoal e o interese público no exercicio da acción política; e a vinganza: unha viaxe sen final.
Máis
Hora
30 outubro, 2020 21:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualnovembro
Séguenos nas redes